Volver

Mulleres, ritmo e tradición

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle o 17 de maio a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional, e a lingua, de xeración en xeración. A Rede de Dinamización Lingüística súmase a esta homenaxe con esta e outras actividades.

Mulleres, ritmo e tradición é un obradoiro de música tradicional dirixido a nenas e nenos de infantil e primaria. Impartido por Sabela Olivares, combina o descubrimento do patrimonio musical galego coa expresión corporal e vocal. A través da tradición oral, e empregando a percusión corporal como ferramenta principal, os nenos e nenas coñecerán de maneira lúdica, creativa e adaptada á súa idade, a riqueza e a función da música galega. Ao tempo que, cunha aprendizaxe multisensorial, se fomentan habilidades como a coordinación, a memoria e a atención, visibilizarase o papel das mulleres na nosa tradición musical cun enfoque integrador que busca que a música sexa vivida, non só como herdanza, senón tamén como experiencia enriquecedora e significativa.

Calendario

  • 30/05/2025. Xermade. 18:00 h. Biblioteca Municipal
  • 31/05/2025. Arnoia. 11:00 h. Salón da Cooperativa
  • 07/06/2025. Ames. 17:00 h. Pazo da Peregrina de Bertamiráns
  • 22/06/2025. Vilanova de Arousa. 20:00 h. Xardín Umbrío
  • 27/06/2025. Sandiás. 11:00 h. Casa da Cultura