Vinde todas
O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado a sete pandeireteiras e, a través delas, a todas as mulleres que crearon e interpretaron poesía popular galega e transmitiron con ela a lingua propia de Galicia. A Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes súmanse á celebración con 4 concertos do espectáculo musical Vinde todas, de Carmela.
Carmela -Carme López, Sara Méndez e Camille Hedouin- é un proxecto musical que parte da tradición, das informantes e dos arquivos musicais, pero que a entende como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto actual a través de sons que viaxan desde as percusións ata referencias electrónicas.Trátase dunha proposta diferente no seu discurso tanto musical coma extramusical que sitúa a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.
O traballo Vinde todas persegue a visibilización das informantes e mestura o arranxo e interpetación musical coa investigación e análise etnomusicolóxica, pois os timbres e harmonías escóllense a través da comprensión dos usos e funcións primixenios das melodías.
Calendario
- 11 de maio. O Carballiño. 19:30 h. Praza da Veracruz
- 16 de maio. Porto do Son. 21:00 h. Casa da Cultura
- 13 de xullo. Toén. 19:00 h. Área recreativa de Alongos.
- 8 de agosto. Malpica de Bergantiños. 20:30 h. Paseo da Praia.
- 26 de setembro. Vigo. 18:00 h. Museo do Mar de Galicia.