Volver

Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Listaxes de aulas

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

Portas de entrada e aulas

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 3

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 10

Porta B: aulas 11 – 22

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 2

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 10

Porta B: aulas 11 – 22

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 10

Porta B: aulas 11 – 22

EOI de Ponferrada

Porta única

Datas de realización das probas

Celga 4

18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

Celga 3

25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

Celga 2

26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

Celga 1

1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

Celga 4, Celga 3 e Celga 2

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Celga 1

Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, núm. 2-4

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas nas dúas sedes. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponde a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra H, agás o día 19 de maio que se comezará pola letra V. A proba poderá prolongarse até a tarde.

Listaxes definitivas

Celga 1: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 1 de xuño de 2024

Resolución do 29 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 1

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 26 de maio de 2024

Resolución do 29 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 25 de maio de 2024

Resolución do 29 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 18 e 19 de maio de 2024

Resolución do 29 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 1: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse o día 1 de xuño de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 1

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse o día 26 de maio de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse o día 25 de maio de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2024

As probas realizaranse os días 18 e 19 de maio de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 26 de abril de 2024

Resolución do 12 de abril de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria de probas

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (14 de marzo a 5 de abril de 2024).