PROPOSTA DE ACTUALIZACIÓN DO PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

A proposta para actualizar o Plan xeral de normalización da lingua galega xa está dispoñible para consulta, tras o traballo técnico, coordinado polo académico Manuel González, e que ten en conta a nova realidade social e demográfica de Galicia con iniciativas específicas para favorecer o emprego do noso idioma entre toda a sociedade.

Este documento, qué inclúe case 700 medidas, é froito do traballo dos máis de 130 profesionais de recoñecido prestixio que participaron nas 11 comisións, así como das máis de 1400 achegas recibidas por parte de entidades, institucións, asociacións e particulares a través dos máis de 400 contactos ou da caixa virtual que se puxo a disposición da cidadanía.

Documentos relacionados

  • Proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega PDF