Novas
-
25/04/2024 14:23
A Cidade da Cultura reúne representantes dunha vintena de linguas minoritarias para traballar na promoción da diversidade lingüística en Europa
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na apertura da asemblea xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), que se desenvolve no Gaiás durante todo o día e rematará cunha visita ao Concello de Santiago
Destaca que Compostela é “unha cidade símbolo como moi poucas do carácter multilingüe de todas as sociedades humanas”
A xornada continuará mañá no Gaiás coa conferencia anual da NPLD, que nesta edición tratará o impacto das tecnoloxías da linguaxe, e porá o broche de ouro cunha visita cultural por Padrón e Cambados
-
24/04/2024 14:46
O protocolo de colaboración en materia de política lingüística elixe de novo Santiago para celebrar a súa reunión anual
Os representantes de Galicia, País Vasco, Illas Baleares, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana xúntanse na capital galega para facer un seguimento e coordinar accións conxuntas arredor das linguas cooficiais do Estado
A xuntanza enmárcase na celebración da asemblea xeral e da conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity, que reunirá no Gaiás medio cento de expertos en materia lingüística
-
24/04/2024 13:01
A Xunta e a Real Academia Galega renovan o convenio de colaboración para a utilización das instalacións da Cidade da Cultura
Desde o ano 2014 traballan diariamente no Gaiás os Seminarios de Lexicografía, Onomástica e Sociolingüística da Academia
O convenio prolonga durante outros catro anos a colaboración do Goberno galego
-
22/04/2024 13:16
A Xunta lanza a cuarta edición do programa de intercambio literario para reforzar a proxección internacional das letras galegas
A Residencia Literaria 1863 e o Centro Tyrone Guthrie de Annaghmakerrig colaboran no desenvolvemento desta iniciativa
Por terceiro ano consecutivo o intercambio realizarase con Irlanda e céntrase na creación poética
-
22/04/2024 10:22
As axudas da Xunta a festivais audiovisuais distribúen 300.000 euros entre 10 mostras do sector
Publícase na web da Axencia Galega das Industrias Culturais a resolución desta convocatoria anual de subvencións
As mostras adxudicatarias en 2024 son Play-Doc de Tui, Festival de Cans do Porriño, (S8) e Intersección da Coruña, Curtocircuíto e MICE de Santiago, FICBUEU, Novos Cinemas de Pontevedra, Carballo Interplay e Galician Freaky Film Festival de Vigo
-
19/04/2024 14:56
A Xunta subvenciona con 270.000 euros 30 proxectos de escrita de guións para novas películas e series
Publícase a resolución desta nova convocatoria, que se incorporou este ano ao programa anual de axudas ao audiovisual galego
Reciben financiamento 10 proxectos de autoría novel, cunha axuda de 7.000 euros cada un, e 20 propostas de autoría non novel, cunha contía de 10.000 euros por guión
-
19/04/2024 14:20
A Xunta potencia a música actual en galego na I Edición do festival “Aquí tamén se fala”
Terá lugar o 7 de xuño na Coruña e reunirá sobre un mesmo escenario artistas do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria
Enmárcase na iniciativa cultural homónima impulsada polo IES Plurilingüe Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade
-
19/04/2024 14:03
José López inaugura a Feira do Libro de Ferrol, a primeira dun circuíto que vai chegar a 13 cidades e vilas de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a “prioridade especial” que o Goberno galego lles dá ao libro e á lectura, que erixe como “vía de expansión” da identidade e da cultura
Pon en valor que estas citas serven para estar máis preto dos escritores e escritoras, e especialmente este ano da autora á quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta
-
18/04/2024 17:51
José López sinala o compromiso do Goberno galego coa promoción da lingua entre a mocidade investigadora
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na entrega dos XIX Premios á Calidade Lingüística impulsados pola USC no marco da colaboración coa Xunta
En total recibíronse preto de 200 traballos entre as tres categorías de participación: académicos, de fin de grao e de fin de mestrado
-
17/04/2024 14:51
A cidade portuguesa de Braga convértese en epicentro da reflexión sobre a relación entre Galicia e os países lusófonos
O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura oficial do XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos co que colabora a Xunta
Reunirá na Universidade do Minho a estudosos de todo o mundo para debater sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional
A clausura contará cunha reedición da gala aRi[t]mar 2023, que desembarca por vez primeira en territorio luso este sábado 20 ás 21.30 h no Espaço Vita de Braga