X Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, organizado pola UDC
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Universidade da Coruña na décima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que se desenvolverán na Coruña do 1 ao 24 de xullo de 2018.
- Datas do curso: do 1 ao 24 de xullo de 2018
- Data da presentación de solicitudes: ata o 17 de maio de 2018