Convocatorias

Filtrar por...

Temos dispoñibles para consulta 378 convocatorias
Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez
13/12/2018 | Premios e certames

Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.

PRAZO: 17 de maio de 2019
I Simposio Internacional Os Estudos Galegos Camiño do Xacobeo 21
12/12/2018 | Formación

I Simposio Internacional Os Estudos Galegos Camiño do Xacobeo 21

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia de Turismo de GAlicia e da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo organiza este primeiro foro de debate internacional desde os centros de estudos galegos (CEG) repartidos por universidades de todo o mundo.

25º aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
29/10/2018 | Formación

25º aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O 19 de novembro (e non o 14, como estaba previsto inicialmente) celébrase a derradeira das xornadas organizadas polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades con motivo do 25 aniversario da súa creación. No marco desta xornada, dedicada á investigación lingüística que desenvolve o CRPIH, Guillermo Rojo pronunciará a conferencia de clausura.

04/10/2018 | Premios e certames

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2017-2018

O próximo 31 de outubro, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, celebrarase a Gala dos Premios da Música e da Poesía Galego-Portuguesas aRi[t]mar, que este ano recoñecen os textos de Lois Pérez e de Alexndre Brea Rodríguez e as cancións de Salvador Sobral e A banda da Loba. Todos eles estarán presentes na gala.

02/10/2018 | Formación

Convocatoria do Plan Proxecta

Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2018/19.

28/09/2018 | Formación

Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 'A lectura como ferramenta de equidade'

A Secretaría Xeral de Política lingüística colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na organización do cuarto Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

28/09/2018 | Formación

As tecnoloxías da lingua. Unha oportunidade para a sociedade galega

Xornada organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

25/09/2018 | Formación

Resolución definitiva da convocatoria dunha bolsa de formación no lectorado de París

Resolución do 13 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudica unha bolsa de formación nun lectorado de lingua, literatura e cultura galegas, convocada mediante a Orde do 4 de maio de 2018 (ED110A)

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED110A