Volver

Orde de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria.

A dinamización da lingua galega entre a mocidade é unha das áreas de atención prioritaria desta convocatoria da Consellería de Política Social. Tamén figura como criterio de valoración a ter en conta o emprego da lingua galega no desenvolvemento das actividades do proxecto, nos materiais escritos e audiovisuais que se elaboren e nas canles de difusión utilizadas.