LETRAS GALEGAS
2019 - Antonio Fraguas Fraguas
Antonio Fraguas naceu en Loureiro (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1905. Fillo de Manuel Fraguas Rodríguez e de María Teresa Fraguas Vázquez, foi rexistrado inicialmente cos dous apelidos da nai e só pasaría a apelidarse Fraguas Fraguas en 1912, cando o pai volveu do Brasil onde estaba emigrado desde meses antes do seu nacemento, casou coa nai e recoñeceu o fillo.
Aconsellada polo mestre de Antonio, que viu no neno capacidade para o estudo, a familia matriculouno no Instituto Xeral Técnico de Pontevedra para que cursase o bacharelato. Neste centro tivo como docentes a Castelao ou Antón Losada Diéguez, determinantes na súa escolla a prol do galeguismo. Con outros estudantes fundou en 1923 a Sociedade da Lingua co obxectivo de defender o galego e redactar un dicionario.
A década dos 20 foi especialmente intensa para Antonio Fraguas. En Santiago de Compostela, a onde chegara para estudar Filosofía e Letras, afiliouse ás Irmandades da Fala e ingresou no Seminario de Estudos Galegos, do que sería secretario de actas e bibliotecario. Finalizada a carreira, iniciouse na docencia como profesor auxiliar da Facultade de Xeografía e Historia.
Nos anos 30 casou con Teresa Martínez Magariños (1932) e empezou a traballar no instituto da Estrada (1933). No ámbito da política, coa chegada da República creouse o Partido Galeguista, no que Antonio Fraguas se integrou e desde cuxas filas participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía.
Como consecuencia desta actividade galeguista, tras o golpe de Estado de 1936 foi perseguido e a Comisión de Depuración de Enseñanza de Pontevedra ordenou a súa separación do ensino público. Non sería ata 1950 cando Antonio Fraguas volvese aprobar a oposición a cátedras de instituto, o que o levaría a exercer no Masculino de Lugo e, a partir de 1959, no Rosalía de Castro de Santiago, onde se xubilaría en 1975.
A persecución política e a ditadura non reduciron o seu compromiso con Galicia, senón que Antonio Fraguas continuou colaborando en todas as iniciativas a prol da cultura galega da posguerra: foi membro da Real Academia Galega, xefe da sección de Etnografía e Folclore e mais secretario do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos ou membro fundador e tesoureiro do Padroado Rosalía de Castro, entre outros cargos. Tras a morte de Franco, participou na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e cuxo padroado presidiu máis tarde, e ingresou como membro -e, posteriormente, coordinador da sección de Antropoloxía Cultural- do Consello da Cultura Galega.
Coa democracia chegou tamén o recoñecemento ao seu compromiso coa cultura de Galicia: recibiu o Pedrón de Ouro, os premios Trasalba e Otero Pedrayo ou a Medalla Castelao, entre outras distincións. En 1992 a Xunta de Galicia nomeouno cronista oficial de Galicia.
Faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, tres anos despois do pasamento da súa muller Teresa.
Obra
Antonio Fraguas Fraguas destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, entre outros. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións, fundamentalmente como colaboración en revistas ou obras colectivas. En todo caso, tamén publicou un considerable número de monografías, entre as que podemos sinalar, a título de exemplo, as seguintes:
- Geografía de Galicia (1953)
- Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
- Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
- Romarías e santuarios (1988)
- Do Entroido (1994)
- A festa popular en Galicia (1995)
Documentos relacionados
-
Programación Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia PDF
Enlaces relacionados
Exposiciones
Actividades dinamizadoras
IES A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Biografía regueifada de Antonio Fraguas
CPI de Atios, Valdoviño ( A Coruña) e CEIP Soutelo de Montes (Pontevedra)
Romarías do mar e do interior. Padlet colaborativo
CEIP de Cedeira, Redondela (Pontevedra)
O monte da Peneda e Antonio Fraguas. Programa de radio Letras Galegas
IES de Cotobade, Pontevedra
Antonio Fraguas e os seus Mestres. Audiovisual
CEIP de Cervo, Cervo (Lugo)
Puca quere saber máis sobre... Antonio Fraguas
CEIP Virxe do Camiño, Rubiá (Ourense)
Letras Galegas 2019 no CEIP Virxe do Camiño
CEIP San Xoán (Becerreá, Lugo)
Homenaxeando a Antonio Fraguas Fraguas
CEIP A Ponte (Lugo)
Brincaletras de Antonio Fraguas Fraguas
CEIP A Ponte (Lugo)
Pasapalabra de Antonio Fraguas Fraguas
CEIP A Ponte (Lugo)
Test sobre Antonio Fraguas Fraguas
IES Valle Inclán (Pontevedra)
Un maio madrugador
IGaFA, Illa de Arousa (Pontevedra)
Cartel conmemorativo de Antonio Fraguas
CEIP Eusebio da Guarda, CEE N.ª Sra. do Rosario, CEE María Mariño, CMUS Profesional da Coruña (A Coruña), coa colaboración do CIFP Imaxe e Son, o CIFP Someso, o CIFP Ánxel Casal- Monte Alto e o IES Leixa
VIII Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas
CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)
Vídeo homenaxe a Antonio Fraguas
CEIP Galán, Oseiro-Arteixo (A Coruña)
Casamento da pulga (adaptación teatral)
CEE Nosa Señora do Rosario, A Coruña (A Coruña)
Casamento da pulga (en lingua de signos)
CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, A Coruña e CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada (A Coruña)
Casamento da pulga (canción)
CEIP A Ponte (Lugo)
Presentación sobre Antonio Fraguas Fraguas
CEE Nosa Sra. do Rosario, A Coruña (A Coruña)
Canción Antón Fraguas
IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Concurso de marcapáxinas Antonio Fraguas
CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)
Onde traballou Antón Fraguas?
CPI dos Dices, Rois (A Coruña)
Telexornal Antonio Fraguas
EOI de Vigo, Vigo (Pontevedra)
Concurso Interrail Letras Galegas 2019: homenaxeando a Antón Fraguas
CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, A Coruña e CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada (A Coruña)
Casamento da pulga
Seminario Galán (A Coruña)
Unidade didáctica de educación infantil e primaria
Seminario Galán (A Coruña)
Cartel, díptico, marcapáxinas de Antonio Fraguas Fraguas
Seminario Galán (A Coruña)
Biografía de Antonio Fraguas Fraguas (para o profesorado)
IES Antonio Fraguas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Concurso de Mail Art Antonio Fraguas
Seminario Galán (A Coruña)
Exposición e Cuestionario Antonio Fraguas Fraguas
Seminario Galán (A Coruña)
Unidade Didáctica do Entroido para primaria sobre Fraguas
CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, A Coruña (A Coruña)
Calendario Antón Fraguas & Luis Seoane
Centros de FEREGA-CECA da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol
Roteiro Antonio Fraguas Fraguas
IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas (A Coruña)
Calendario de parede de Antonio Fraguas