Volver

Normas ortográficas e morfolóxicas

O galego conta actualmente cunhas normas ortográficas e morfolóxicas e mais cunha norma léxica recollida no Dicionario da Real Academia Galega

 

Unha lingua útil e adaptada ás necesidades da sociedade actual, con presenza no ensino e en espazos públicos coma os medios de comunicación, necesita unha variedade de referencia para os contextos formais. No caso do galego, contamos cunha normativa oficial, as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que se completa, no terreo do léxico, co Dicionario da Real Academia Galega.

Como sucede noutras linguas, as autoridades académicas revisan e actualizan estes dous documentos cando cómpre, e -a pesar da crenza popular- non o fan con máis frecuencia ca as autoridades lingüísticas doutros idiomas do noso contorno, coma o castelán ou o portugués.