Volver

Valentín García participa na presentación da nova edición do Concurso Balbino de Relatos

Vila de Cruces (Pontevedra), 6 de febreiro de 2020.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte en Gres, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, na presentación da V edición do Concurso Balbino de Relatos, que apoia a Consellería de Cultura e Turismo e que ten aberto desde hoxe o prazo de participación ata o vindeiro 30 de xuño. O galardón inclúe un premio económico de 1500 euros e mais a publicación da obra por Edicións Fervenza. As bases e toda a información pódense consultar neste enlace ao Portal da Lingua Galega.