Novas

Temos dispoñibles para consulta  872  novas

11/05/2026 02:46

A Xunta apoia unha nova edición da proba que une deporte e cultura no Día das Letras Galegas

Destacan esta “maneira diferente de celebrar a efeméride aproveitando a gran resposta deste tipo de convocatorias para fomentar o interese pola literatura galega”

A cita é o propio domingo 17 de maio e conta cun percorrido de 15 km, outro de 5 polas inmediacións da Cidade da Cultura e un circuíto para a cativada

09/05/2026 12:18

A Xunta destina 30.000 euros a apoiar actividades de animación á lectura impulsadas por 37 bibliotecas municipais lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as achegas van destinadas a organizar contacontos, charlas, exposicións, clubs de lectura e outras propostas que axuden a atraer público a estes espazos

Destaca que ata o 4 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas para adquirir novidades editoriais en galego e mellorar as coleccións bibliográficas, outra das liñas de colaboración coa rede de bibliotecas públicas

08/05/2026 01:02

Valentín García pon en valor en Europa as medidas da Xunta para dinamizar o uso e o prestixio do galego

Destaca que “o traballo realizado ao abeiro do Pacto pola Lingua é moi recoñecido polos territorios con linguas propias que forman parte da rede”

A entidade está formada por institucións e gobernos que, desde 2008, poñen en común estratexias que avogan polo multilingüismo

07/05/2026 03:12

A Xunta impulsa o sector editorial con dúas convocatorias para a tradución de obras

O Diario Oficial de Galicia anuncia as bases dirixidas a publicar obras orixinais en galego noutras linguas e para ler en galego títulos relevantes doutras culturas

Con estas liñas de axuda, con 200.000€, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude favorece a internacionalización da creación literaria da Comunidade á vez que facilita o acceso da cidadanía a gozar de libros no seu propio idioma

06/05/2026 12:37

A Xunta impulsa a programación de actividades de dinamización da lectura en 190 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución dos espazos que recibirán as axudas para pór en marcha as accións enmarcadas no programa Ler Conta Moito 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fortalece así o papel dos equipamentos municipais no desenvolvemento de propostas de animación á lectura

05/05/2026 02:35

López Campos erixe a Rosalía de Castro como “símbolo lexítimo de Galicia” pola súa “influencia e referencia” no pensamento e disciplinas artísticas da comunidade

O titular de Cultura do Goberno galego celebra o interese de 35 creadores en darlle forma plástica aos seus versos “demostrando a plena vixencia da súa obra”

A mostra pode verse na sede da Deputación na urbe olívica ata o 12 de xuño para, a continuación, itinerar á cidade de Pontevedra