IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
A Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, encamiñada á realización dun programa de pescuda sobre o patriminio lingüístico, etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histótico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia.
Modalidades: ensino primario e ensino secundario.
Premios: un en cada unha das modalidades, dotado con 7.000 euros destinados á implementación do proxecto.
Prazo de presentación de traballos: ata o 31 de maio de 2014
Lugar de presentación de proxectos: Fundación Antonio Fraguas Fraguas (San Domingos de Bonaval, 15703 Santiago de Compostela)
Máis información: tfno. 981 583 620 - fax 981 554 840 / enderezo electrónico: fundacionfraguas@museodopobo.com
Documentos relacionados
-
Convocatoria, bases e obxectivos PDF