Volver

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo pola que se acorda darlles publicidade ás bases para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de configurar un fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico denominado Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e se anuncia a apertura do prazo para que as persoas físicas e xurídicas do sector cultural interesadas poidan presentar as súas iniciativas.

 

FINALIZADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021 (31 de xullo de 2020)

RESOLUCIÓNS DA SELECCIÓN DE PROXECTOS

1 de outubro de 2020

29 de xullo de 2020

3 de xullo de 2020

17 de xuño de 2020

Comunicación relativa aos trámites administrativos para a contratación de proxectos

DESCRICIÓN DO FONDO

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, Política Lingüística promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:

  • Dinamizar a lingua propia de Galicia
  • Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 para que ninguén quede fóra
  • Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais

Poden presentar as súas propostas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Fondo X21):

  • Autónomos
  • Empresas privadas
  • Entidades culturais sen ánimo de lucro

Recibirán un apoio de ata 4000 € no caso dos autónomos e de ata 10 000 € no caso das empresas e entidades culturais. Estas cantidades poderán financiar ata o 100 % do proxecto.

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden pertencer aos seguintes ámbitos:

  • Virtual (vídeos, música, películas, documentais, fotografías...)
  • Presencial (actuacións teatrais, musicais, exposicións...)
  • Outros servizos: materiais e produción

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2020.

Logo da resolución, o prazo de presentación dos proxectos rematará o 31 de decembro de 2020.

CONTACTO

info-fondox21@xunta.gal

687 041 884