Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño
Centro: CEIP Raquel Camacho, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Programa especial de radio guiado pola coordinadora do EDLG, Patricia Abad, que mostra o traballo desenvolvido no CEIP Raquel Camacho arredor de Begoña Caamaño. O alumnado vai contando a súa biografía, a través das protagonistas das súas obras e do libro Begoña ou o pracer da amizade, de Beatriz Maceda, profesora deste centro coruñés.
Alén diso, as dúas docentes foron entrevistadas por xornalistas de RNE para explicar cales son as estratexias que seguen e os materiais que utilizan para dar a coñecer a figura de Begoña Caamaño entre as nenas e nenos de primaria.