Convocatoria da proba do Celga 4 en liña
RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).
Convocatoria
O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de duascentas (200).
A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes: unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña.
A presentación da solicitude a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal, realizarase a través do formulario normalizado (anexo I). A capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña obxecto desta convocatoria xustifican a obrigatoriedade da devandita presentación electrónica.
A presentación da solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, https://formacion-lingua.xunta.gal, realizarase do seguinte xeito: primeiro, a persoa solicitante accederá á devandita plataforma mediante o seu nome de usuario/a e o contrasinal; a continuación, seleccionará a proba e inscribirase nela. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela. O nome e apelidos facilitados na plataforma deben coincidir cos do documento que acredita a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte).
O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Cursos e probas Celga
-Dirección física
15704 - Santiago de Compostela, (A Coruña)
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Coruña
-M.ª Cruz Blanco de Azpiazu
-Dirección física
15071 - A Coruña
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Lugo
-Mercedes González Castro
-Dirección física
27071 - Lugo
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Ourense
-Ángel Míguez López
-Dirección física
32071 - Ourense
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Pontevedra
-Mª José Blanco Gómez
-Dirección física
36003 - Pontevedra