Volver

CELGA 1

Validación do Celga 1

Serán validables polo Certificado de lingua galega 1 (Celga 1):

  • Ensinanzas de réxime xeral cursadas en Galicia
    • Certificación oficial de cursar e superar en Galicia de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos da educación primaria ou en seis cursos da EXB
  • Ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia
    • Certificación oficial de ter cursadas e aprobadas as materias de lingua galega (optativas de 1º, 2º e 3º) da ESO no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres.
  • EOI
    • Certificación oficial do nivel básico (A2) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte ao Decreto 191/2007, do 20 de setembro
  • Universidades
    • Certificado do curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia ata o 1 de setembro de 2007.
    • Certificado de curso de lingua galega para non galego-falantes impartidos polas universidades galegas, ata o 1 de setembro de 2007.
    • Certificado do nivel básico dos estudos de galego da UNED ata o 1 de setembro de 2007

Organismos que expiden as validacións e estudos validables polo Celga 1:

  • Primaria ou seis cursos da EXB:
    • Centro público: secretaría do centro
    • Centro privado: Inspección Educativa
  • Resto dos casos:
    • Secretaría Xeral de Política Lingüística