Volver

CELGA: COMPETENCIA EN LINGUA GALEGA

Celga 2

A persoa que supere o Celga 2 posuirá un dominio da lingua que lle permita participar con relativa seguridade e eficacia en distintas situacións de comunicación cotiá, do traballo e do estudo, que requiran un uso da lingua fundamentalmente previsible

Comprenderá sen difi cultade mensaxes orais e escritas referidas a ese tipo de contextos e será quen de producir textos breves, tanto oralmente coma por escrito, para describir, relatar, preguntar ou responder sobre cuestións que se refi ran a eses ámbitos. No que respecta ao uso do código, terá un dominio básico da lingua na súa realización estándar, que se manifestará na utilización correcta das estruturas morfosintácticas básicas da lingua e do vocabulario asociado cos temas propios deses contextos comunicativos: as relacións interpersoais, as institucións, a climatoloxía, o contorno físico, etc.