CELGA: COMPETENCIA EN LINGUA GALEGA
Celga 4
A persoa que supere o Celga 4 será capaz de comprender unha ampla variedade de textos orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade.
Poderá expresarse de forma bastante fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos (persoal, público e académico), sen mostrar moita dificultade para encontrar as expresións máis axeitadas. Será capaz de producir textos ben estruturados e sobre temas de certa complexidade e para distintos fins. Mostrará un uso correcto da norma ortográfica e morfosintáctica, así como dos mecanismos máis comúns de organización e cohesión textual.