Volver

CELGA 5

Validación do Celga 5

Serán validables polo Certificado de lingua galega 5 (Celga 5):

  • Universidades
    • Título de licenciado en Filoloxía galega ou Filoloxía hispánica (subsección galego-portugués)
    • Título de grao en Lingua e literatura galega, en Estudos de galego e español e en Galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios.
    • Calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou grao, sempre que se acompañe da certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega e se estea en posesión do Celga 4. Estes créditos deben pertencer a materias cuxos contidos sexan específicos de lingua galega. Polo tanto, non se terán en conta materias tales como literatura galega, historia da lingua galega, didáctica da lingua galega, tradución...
  • EOI
    • Certificado do ciclo superior de galego, expedido polas escolas oficiais de idiomas conforme ao programa previsto no Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro
    • Certificado do nivel C2 de lingua galega do Marco Europeo Común de referencia para as linguas

Organismos que expiden as validacións do Celga 5:

  • Secretaría Xeral de Política Lingüística