CELGA 4
Validación do Celga 4
Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4):
- Ensinanzas de réxime xeral cursadas en Galicia
- Título de bacharelato (LOXSE ou BUP) ou técnico de FP2, sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase e aprobase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos. Poderase obter igualmente a validación aínda que se cursase un ano do bacharelato fóra de Galicia, sempre e cando este non sexa o último.
- Títulos de bacharelato ou de FP2 obtidos tras superar a materia de lingua galega nas probas libres tendentes a obtelos.
- EOI
- Certificado C1 de lingua galega do Marco Europeo Común de Referencia para as linguas expedido pola Escola Oficial de Idiomas
- Outros
- Curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB
Organismos que expiden as validacións e estudos validables polo Celga 4:
- Título de bacharelato ou de FP2:
- Centro público: secretaría do centro
- Centro privado: centro público de referencia
- Probas libres: Inspección
- Resto dos casos:
- Secretaría Xeral de Política Lingüística