Volver

CELGA: COMPETENCIA EN LINGUA GALEGA

Celga 5

A persoa que supere o Celga 5 será capaz de comprender calquera tipo de texto oral e escrito, independentemente da súa extensión, temática ou tipoloxía e recoñecerá mesmo os sentidos implícitos, os valores connotativos e os que se poidan asociar ao contexto comunicativo

  • Celga

    Celga

Desde o punto de vista da emisión, será quen de expresar oralmente e por escrito de forma fluída e espontánea situacións diversas, fará un uso correcto da norma ortográfica e morfosintáctica, empregará axeitadamente os mecanismos de organización e cohesión textual e escollerá o vocabulario e as expresións máis axeitadas ao nivel e á finalidade de cada discurso. Porén, poderá identificar manifestacións lingüísticas e sociolingüísticas do contacto idiomático, comprenderá as súas causas e o proceso de estandarización e normalización.