Volver

CELGA: COMPETENCIA EN LINGUA GALEGA

Celga 1

A persoa que supere o Celga 1 posuirá un dominio da lingua xeral que lle permita satisfaceras necesidades máis primarias de comunicación

Será capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente, relacionadas con áreas que lle son especialmente relevantes (información elemental sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.); saberá relatar, describir, expoñer e demandar, en termos sinxelos, aspectos relacionados coa súa experiencia persoal, co seu contorno ou con interaccións sociais básicas; saberá comunicarse para levar a cabo tarefas cotiás que non requiran máis ca intercambios simples e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais e en situacións de comunicación previsibles, etc. É dicir, mostrará unhas capacidades comunicativas elementais pero suficientespara desenvolverse en contextos próximos e familiares, materializadas nun repertorio lingüístico aínda esquemático e vehiculadas especialmente a través da oralidade.