Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 3. Busque e compare

Indíquelles aos seus alumnos que abran o libro na páxina 25 e móstrelles a foto da portadiña

Coméntelles que se trata dunha tenda onde hai xoguetes e todo tipo de larpeiradas: caramelos, caramelos de goma, chocolates, froitos secos garapiñados etc.

A continuación, pídalles que imaxinen que esta foto se seleccionou para unha campaña publicitaria e anímeos a que pensen nun slogan que podería acompañala.

Por último, preséntelles aos estudantes os contidos da unidade, así como a súa tarefa final: deseñar e presentar unha campaña publicitaria.