Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 7. Vai e dille...

Pídalles aos estudantes que abran o libro na páxina 57 e que describan a imaxe da portadiña

A continuación, pregúntelles: Por que credes que está rindo a rapaza? Escoite as diferentes respostas que lle dean e se ninguén menciona: porque lle están contando un chiste ou algo moi divertido, fágao vostede. Logo, escriba a palabra chiste no encerado e pídalles que a definan ou que dean un exemplo.

Por último, adiántelles aos seus alumnos os contidos da unidade e dígalles en que consistirá a tarefa final: van escribir a sinopse dun filme.