Volver

Probas Celga 2, 3 e 4. Resultados definitivos

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

Resultados definitivos

Celga 2: resultados definitivos das probas do día 24 de novembro de 2024

Resolución do 18 de febreiro de 2025, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 2 realizadas o día 24 de novembro de 2024.

Celga 3: resultados definitivos das probas do día 23 de novembro de 2024

Resolución do 18 de febreiro de 2025, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 3 realizadas o día 23 de novembro de 2024.

Celga 4: resultados definitivos das probas dos días 16 e 17 de novembro de 2024

Resolución do 18 de febreiro de 2025, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 4 realizadas os días 16 e 17 de novembro de 2024.

Resultados provisionais

Celga 2: resultados provisionais das probas do día 24 de novembro de 2024

Resolución do 27 de decembro de 2024, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 2 realizadas o día 24 de novembro de 2024.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xaneiro de 2025.

Celga 3: resultados provisionais das probas do día 23 de novembro de 2024

Resolución do 27 de decembro de 2024, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 3 realizadas o día 23 de novembro de 2024.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xaneiro de 2025.

Celga 4: resultados provisionais das probas dos días 16 e 17 de novembro de 2024

Resolución do 27 de decembro de 2024, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 4 realizadas os días 16 e 17 de novembro de 2024.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xaneiro de 2025.

Portas de entrada e aulas

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 3

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta única

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 2

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 10

Porta B: aulas 11 – 21

EOI de Ponferrada

Porta única

Datas de realización das probas

Celga 4

16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

Celga 3

23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

Celga 2

24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponde a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra H, agás o día 17 de novembro que se comezará pola letra V. A proba poderá prolongarse até a tarde.

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 24 de novembro de 2024

Resolución do 28 de outubro de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 23 de novembro de 2024

Resolución do 28 de outubro de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 16 e 17 de novembro de 2024

Resolución do 28 de outubro de 2024 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2024

As probas realizaranse o día 24 de novembro de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 24 de outubro de 2024

Resolución do 10 de outubro de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2024

As probas realizaranse o día 23 de novembro de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 24 de outubro de 2024

Resolución do 10 de outubro de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2024

As probas realizaranse os días 16 e 17 de novembro de 2024

Remate do prazo de presentación de emendas: 24 de outubro de 2024

Resolución do 10 de outubro de 2024 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 16 de setembro ao 4 de outubro).