Presentación do poemario O amour fou

17/10/2017 Volver

Os escritores galegos María Lopo e Claudio Rodríguez Fer darán a coñecer no Centro de Estudos Galegos de París o poemario O amour fou.

O amour fou é unha obra colectiva editada no oitenta aniversario da publiación do relato surrelalista L'amour fou, de André Breton. O poemario contén unha tradución do poema "A unión libre" de André Breton feita por Olga Novo, así como versións de catro cancións de Leo Ferré feitas por María Lopo. Entre ambas as contribucións, figuran diversos poemas de amor louco debidos a Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e Cristina Fiano. A edición, pertencente á serie A tola soñando, está amplamente ilustrada por Sara Lamas.



Lugar: París (Francia). Université Sorbonne Nouvelle París 3
Día: 26 de outubro
Hora: 16:00 h