Galego e castelán en Galicia: mitos e realidades sobre o sistema verbal

15/01/2019 Volver

O profesor Johannes Kabatek, catedrático na Universidade de Zúric e membro da Real Academia Galega dende o ano 2002, participará o vindeiro día 23 de xaneiro como relator no Coloquio de Lingüística que ten lugar todos os mércores na Freie Universität (Berlín). A súa sesión leva por título "Das Verbalsystem des Galicischen und des Spanischen Galiciens: Mythen und Realitäten" (Galego e castelán en Galicia: mitos e realidades sobre o sistema verbal).

Día: 23 de xaneiro de 2019

Hora: 16:15 h

Lugar: Habelschwerdter Allee 45, 14195 Berlin - Raum KL 29/208