Volver

Bases da primeira convocatoria do repositorio TeCe Redes en galego, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021/22

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica esta convocatoria orientada a crear un repositorio de proxectos dixitais e de servizos presenciais que nutran os seus programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación nova e de transmisión xeracional da lingua galega. Na súa denominación empréganse as letras T, C e R para se referir, respectivamente, ás accións de "transmitir", "comunicar" e "tecer redes". O repositorio de proxectos TeCe Redes en galego incorpórase como unha nova sección dentro do Fondo Xacobeo 21-22.

Información de interese para as persoas adxudicatarias de proxectos dixitais puros ou mixtos (que combinen ambos os dous formatos, presencial e dixital) e que teñan que entregar unha proba previa á entrega definitiva do produto ou produtos dixitais

As persoas adxudicatarias teñen indicacións para cubrir o trámite de entrega da proba previa, cando proceda, na guía para persoas adxudicatarias nas páxinas 18 e 19.

Para os proxectos dixitais puros ou mixtos que combinan diferentes formatos, no cadro de características particulares (CCP) da resolución de adxudicación indícase sempre se a persoa adxudicataria debe enviar unha proba previa do produto ou produtos dixitais adxudicados. De ser necesario achegar unha proba previa, a persoa adxudicataria deberá atender as indicacións das valoradoras para verificar se a proba é conforme.

Forma de entrega: Envío da ligazón de descarga ao correo electrónico tcr-galego@xunta.gal

Prazo de entrega: Desde o comezo do prazo de execución do contrato adxudicado (excepto o mes de agosto) ata o 29 de setembro de 2022.

En que consistirá a proba?

No caso dos libros dixitais, será a proba de imprenta da peza enteira, coas portadas. Non se editará o produto dixital definitivo ata que a persoa adxudicataria reciba a resposta da persoa revisora.

No caso dos vídeos, serán os guións con todas as voces en off e as voces das persoas locutoras ou presentadoras, de ser o caso. Entregaranse obrigatoriamente antes da rodaxe e non se gravará a peza final ata que a persoa adxudicataria reciba a resposta da persoa revisora.

ELEMENTOS DE IMAXE CORPORATIVA E LOGOS DOS PROXECTOS PRESENCIAIS E PRODUTOS DIXITAIS DO REPOSITORIO TECE REDES EN GALEGO AO ABEIRO DO FONDO DE PROXECTOS XACOBEO 21-22

Comunicación importante para as persoas adxudicatarias respecto dos elementos de imaxe corporativa e logos dos proxectos presenciais e produtos dixitais do repositorio TeCe Redes en galego ao abeiro do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22

Na seguinte ligazón web: www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_772 as persoas adxudicatarias poderán descargar e consultar os elementos de imaxe corporativa e logos dos produtos do repositorio TeCe Redes en galego que rexen para a xustificación correcta dos proxectos seleccionados e adxudicados.

Información de interese para as persoas adxudicatarias durante a fase de execución de proxectos

 

I Información básica e prazos (+)

 

1. Logo da notificación da correspondente resolución de adxudicación do proxecto adxudicado (calquera que sexa a modalidade segundo o previsto nas bases da convocatoria), as persoas adxudicatarias deberán devolver, en proba de conformidade, a documentación contractual asinada electronicamente. O prazo será de 5 días naturais a contar dende o mesmo día da posta á disposición da persoa adxudicataria da correspondente resolución administrativa de adxudicación a través do sistema de notificación electrónica Notifica.gal.

2. Logo da devolución da resolución de adxudicación e do anexo de condicións contractuais asinada electronicamente pola persoa adxudicataria comezará o prazo de execución do proxecto.

2.1. Proxectos presenciais: prazo de execución máximo ata o 15 de decembro (incluída a presentación da xustificación da súa realización).

2.2. Proxectos dixitais: prazo de execución máximo ata o 30 de novembro (incluída a entrega definitiva do produto ou produtos dixitais adxudicados, a través do anexo III). Este prazo poderá ampliarse ata o 15 de decembro, como máximo, previa solicitude de prórroga pola persoa adxudicataria (ver indicacións na guía de persoas adxudicatarias e na correspondente resolución de adxudicación).

2.3. Para os proxectos dixitais puros ou mixtos que combinan diferentes formatos no cadro de características particulares (CCP) da resolución de adxudicación indicarase sempre se a persoa adxudicataria debe enviar unha proba previa do produto ou produtos dixitais adxudicados. De ser necesario achegar unha proba previa, a persoa adxudicataria deberá atender as indicacións da correspondente resolución de adxudicación en canto ao prazo e á forma de envío. A data máxima de envío será o 29/09/2022 e no mes de agosto non se realizarán tarefas de revisión de probas.

2.4. Para os proxectos mixtos de ambas as dúas modalidades (con combinación de formatos presencias e dixitais), a persoa adxudicataria deberá presentar conxuntamente na mesma data a documentación xustificativa da realización da parte presencial do proxecto e, pola súa vez, o anexo III coa ligazón de acceso ao produto ou produtos dixitais adxudicados, segundo as indicacións da guía para as persoas adxudicatarias e da resolución de adxudicación correspondente.

 

 

II Anexos para facilitar a xustificación da realización dos proxectos adxudicados en calquera das dúas modalidades (+)

 

1. Proxectos dixitais

A ligazón de descarga do produto ou produtos dixitais contratados enviarase mediante o anexo III, que se subirá á sede electrónica da Xunta de Galicia. O dito anexo cóbrese cunha aplicación que xerará o PDF que a persoa adxudicataria ten que achegar no seu expediente da sede electrónica da Xunta de Galicia, como “achega de documentación separada da solicitude”.

A ligazón para cubrir este anexo é a seguinte: http://www.formulariosporinternet.org/tcr-anexo3

Como axuda para coñecer con antelación a información que se lle requirirá no anexo, a persoa adxudicataria poderá descargar o seu borrador, dispoñible no apartado de información do repositorio TCR (na parte inferior desta páxina, sección "Documentos relacionados"). Deste modo, poderá preparar con comodidade a información para logo cubrir, sen interrupcións, os seus campos. Este borrador do anexo III non se debe presentar, só axuda a recompilar a información.

2. Proxectos presenciais

Para xustificar a realización do servizo contratado presentaranse os anexos II-A (ficha de datos) e II-B (certificado de realización) cubertos.

O anexo II-A cóbrese cunha aplicación que xerará o PDF que a persoa adxudicataria ten que achegar no seu expediente da sede electrónica da Xunta de Galicia, como “achega de documentación separada da solicitude”.

A ligazón para cubrir este anexo é a seguinte: http://www.formulariosporinternet.org/tcr-anexo2a

Como axuda para coñecer con antelación a información que se lle requirirá no anexo, a persoa adxudicataria poderá descargar o seu borrador, dispoñible no apartado de información do repositorio TCR (na parte inferior da páxina, "Documentos relacionados"). Deste modo, poderá preparar con comodidade a información para logo cubrir, sen interrupcións, os seus campos. Este borrador do anexo II-A non se debe presentar, só axuda a recompilar a información.

O anexo II-B cóbrese a partir dun documento PDF ou ODT que se descarga na parte inferior, sección "Documentos relacionados", desta mesma páxina web.

Será cuberto pola persoa representante do Concello ou da entidade de acollida da actividade e estará asinado preferentemente de xeito dixital. Entregaranse o mesmo número de arquivos coma de certificados para non invalidar as sinaturas dixitais. Se se asinan de forma manuscrita, deberán levar o selo do Concello ou da entidade de acollida e entregaranse dixitalizados (nese caso, deberán escanealos e convertelos a PDF). A persoa adxudicataria achegará os PDF no seu expediente da sede electrónica da Xunta de Galicia, como “achega de documentación separada da solicitude”.

As persoas adxudicatarias, con independencia do envío da documentación xustificativa da realización dos contratos, formalmente, pola sede electrónica da Xunta de Galicia, na fase de presentación da factura correspondente, poderán achegar ao SEF, se así o desexan, canda a factura, a documentación xustificativa da realización do proxecto presencial e o anexo III (que acredita a entrega do produto dixital). Esta posibilidade está prevista para calquera das modalidades e formatos dos proxectos adxudicados para axilizar os trámites administrativos previos á fase do pagamento.

 

Resolución de selección de proxectos dixitais

1. A resolución da modalidade de proxectos dixitais, pola que se fai pública a listaxe dos proxectos seleccionados, excluídos e rexeitados de dita modalidade, así como a lista de reserva correspondente, atópanse publicadas e dispoñibles para a súa consulta ao final desta páxina en documentos relacionados.

2. Para calquera tipo de dúbida ou cuestión ao respecto, consultar os contactos dispoñibles no apartado de "Máis información" desta convocatoria.

Resolución de selección de proxectos presenciais

1. De acordo coas bases publicadas nesta primeira convocatoria, farase pública unha resolución para cada modalidade de participación: proxectos presenciais (puros e mixtos) e proxectos dixitais (puros e combinados).

2. A resolución da modalidade de proxectos presencias, pola que se fai pública a listaxe dos proxectos seleccionados, excluídos e rexeitados de dita modalidade, así como a lista de reserva correspondente, atópanse publicadas e dispoñibles para a súa consulta ó final desta páxina en documentos relacionados.

3. En próximas datas farase pública a resolución de proxectos seleccionados, excluídos e rexeitados da modalidade dixital, así como a lista de reserva correspondente a dita modalidade.

4. Para calquera tipo de dúbida ou cuestión ao respecto, consultar os contactos dispoñibles no apartado de "Máis información" desta convocatoria.

OBXECTIVOS

  • Permitir que os profesionais autónomos, as empresas e as cooperativas do tecido económico cultural e artístico vinculado ao proceso de dinamización lingüística e cultural en lingua galega sexan quen de mostrarlles ao público infantil e xuvenil e ás súas familias o seu talento creativo en forma de recursos dixitais, servizos presenciais ou proxectos mixtos.
  • Promover que os nenos e as nenas, así como a mocidade, manteñan, e mesmo incorporen, o galego como lingua vehicular de relación na súa vida diaria.
  • Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que reforce a súa estima, aumente a súa demanda e elimine prexuízos para estimular nas xeracións máis novas actitudes.
  • favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, tanto nas súas relacións interxeracionais coma nas comunicacións horizontais entre iguais.
  • Conseguir unha oferta diversificada e atractiva de recursos dixitais e de servizos presenciais de carácter cultural, lúdico ou de formación non regrada en galego, deseñados especificamente para o público destinatario, en atención á súa idade e ás súas circunstancias vitais, preferencias e inquietudes culturais, formativas e de ocio.
  • Promover unha planificación estratéxica para a achega dos recursos dixitais e servizos presenciais que se xeren ou se executen a través desta convocatoria ás persoas destinatarias coa finalidade de multiplicar o seu alcance.

PERSOAS DESTINATARIAS 

As persoas que poderán presentar proxectos serán as seguintes:

  • Persoas profesionais do sector cultural, creativo e artístico galego que estean vinculadas cos procesos de dinamización da lingua galega no desenvolvemento da súa profesión.
  • Empresas culturais e/ou artísticas que estean vinculadas cos procesos de dinamización da lingua galega no desenvolvemento da súa actividade.
  • Cooperativas culturais e/ou artísticas que estean vinculadas cos procesos de dinamización da lingua galega no desenvolvemento da súa actividade.

Quedarán excluídas as entidades sen personalidade xurídica, como as comunidades de bens, así como calquera tipo de asociación ou fundación.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O procedemento previsto nas bases da convocatoria para a selección de proxectos será dixital na súa integridade e a solicitude de participación presentarase en formato PDF e obterase cubrindo un formulario web (que estará dispoñible entre o 9 e o 25 de abril). A solicitude presentarase exclusivamente a través do procedemento PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A solicitude de participación, segundo o modelo do anexo I, consta principalmente de catro campos ou bloques —datos xerais, técnicos, orzamentarios e de resultados— e a persoa solicitante non achegará ningunha outra documentación complementaria, nin imaxes nin animacións, aínda que si se permite incluír ligazóns. Calquera información sobre o proxecto ofertado deberá incluírse nos indicados catro bloques de datos.

No anexo I pódese ver un borrador de formulario en formato pdf.

PRAZO

O prazo de presentación de proxectos vai do 9 de abril de 2022 ás 0:00 horas ao 25 de abril ás 23:59 horas. No caso de que o número de solicitudes presentadas ao procedemento regulado nas bases desta convocatoria exceda de cincocentas, a comisión de valoración só avaliará, por orde de entrada, un número equivalente a este.

IMPORTE MÁXIMO DOS PROXECTOS SELECCIONADOS

O importe máximo de adxudicación de cada proxecto desta convocatoria será de 10.000,00 €. O referido importe constituirá o orzamento base de licitación dos proxectos adxudicados e nel incluiranse todos os custos de produción ou de execución, cos impostos e as taxas correspondentes.

MÁIS INFORMACIÓN

Teléfono: 687 041 884

Correo electrónico: tcr-galego@xunta.gal

Horario de atención ao público:

De 9:00 a 14:00h de luns a xoves e de 9:00 a 15:00h os venres