Probas Celga 2, 3 e 4. Convocatoria
RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA O PAGAMENTO DA TAXA DAS PROBAS CELGA 2, 3 E 4 (SEGUNDA CONVOCATORIA 2026)
Con motivo dunha incidencia técnica producida no sistema de pagamento da taxa correspondente ás probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga 2, 3 e 4, código de procedemento PL500C, e para de facilitar a inscrición das persoas interesadas, amplíase ata o día 9 de outubro de 2026 incluído, o prazo para o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
Esta ampliación realízase ao abeiro do establecido no artigo 32.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As persoas que rexistraron unha incidencia por problemas técnicos no pagamento ou na presentación da solicitude o día de finalización do prazo inicialmente establecido e que, como consecuencia desta incidencia, non puideron completar a inscrición, deberán efectuar o pagamento da taxa dentro do novo prazo, ata o 9 de outubro de 2026 incluído, e, a seguir, enviar a solicitude debidamente cuberta e asinada, xunto co xustificante de pagamento da taxa, ao enderezo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.
No correo deberán indicar, para facilitar a identificación da incidencia e a tramitación da solicitude, o nome e apelidos da persoa interesada e o nivel ou niveis Celga solicitados, así como achegar, de ser o caso, a xustificación da incidencia rexistrada no último día do prazo.
A ampliación aféctalles exclusivamente ás incidencias derivadas dos problemas técnicos sinalados e non modifica o resto das condicións establecidas na Resolución do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026.
Convocatoria
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid e terán lugar os días 14, 15, 21 e 22 de novembro, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 17 de setembro ao 7 de outubro.
Cursos e probas Celga
-Enderezo físico
15704 - Santiago de Compostela, (A Coruña)
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Coruña
-M.ª Cruz Blanco de Azpiazu
-Enderezo físico
15071 - A Coruña
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Lugo
-Mercedes González Castro
-Enderezo físico
27071 - Lugo
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Ourense
-Ángel Míguez López
-Enderezo físico
32071 - Ourense
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Pontevedra
-Mª José Blanco Gómez
-Enderezo físico
36003 - Pontevedra
Documentos relacionados
-
Anuncio de ampliación de prazo para pagamento da taxa PDF
Normativas relacionadas
- Resolución Ligazón ao DOG