Música tradicional no occidente galego e asturiano: do galego máis occidental ao máis oriental

03/05/2017 Volver

Os centros de estudos galegos de Vitoria e de Deusto organizan dúas conferencias sobre música tradicional galega.

A primeira das conferencias, Músicas de tradición oral na comarca do Morrazo, corre a cargo de Guillermo Ignacio Costas. A segunda, por man de Xosé Ambás e de Ramsés Ilesies, leva por título A música tradicional do Eo-Navia e versará sobre a relación musical entre Galicia e Asturias.

Lugar: Universidade de Deusto. Sala Gárate
Día: 5 de maio
Hora: 18:00 h

Lugar: Vitoria. Aula 0.16 da Facultade de Letras da UPV
Día: 15 de maio
Hora: 11:00 h