Seminario pertencente ao ciclo de seminarios "Non só Rosalía" que organizan conxuntamente os centros de estudos galegos das universidades de Barcelona e Autónoma de Barcelona.
Ana Garrido González, investigadora do Grupo de Investigación sobre xénero, identidade e discurso en España e América Latina e profesora da Uniwersytet Warsawski vai analizar de que maneira as figuras femininas se vén afectadas pola experiencia da emigración, entendida como trauma, desafío e saudade.
Lugar: Universidade de Barcelona. Sala de Juntes, Edifici Històric
Día: 27 de novembro
Hora: 11:30 h