De aldeas sumerxidas a cidades voadoras: poéticas do "realismo máxico" galego

14/11/2018 Volver

Seminario pertencente ao ciclo de seminarios "Non só Rosalía" que organizan conxuntamente os centros de estudos galegos das universidades de Barcelona e Autónoma de Barcelona

Pablo Pesado Rodríguez, investigador do grupo Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC) analizará algúns usos políticos do discurso sobre a maxia e a fantasía na novela postmoderna, entendendo que en Galicia se encontra un caso de estudo privilexiado tanto polo conflito nacional como pola acelerada modernización que se produce nas últimas décadas do século XX.

Lugar: Universidade de Barcelona. Aula 112, Pati de Lletres

Día: 27 de novembro

Hora: 16:00 h