Sangre de Muérdago en concerto

16/04/2019 Volver

Dentro das actividades organizadas polo Centro de Estudos Galegos de Berlin para a difusión da cultura e a lingua de Galicia prográmase o concerto do grupo de folk galego Sangre de Muérdago.

Sangre de Muérdago é a creación do galego Pablo C. Ursusson (músico, compositor, pintor, escultor, escritor, alma libre e viaxeiro) xunto con distintos colaboradores e colaboradoras entre os que destacan Hanna Werth, Erik Heimansber ou Georg "Xurxo" Börner.

A entrada é gratuíta.

Lugar: Freie Universität de Berlín. Salón de actos (Habelschwerdter Allee 45)

Día: 7 de maio

Hora: 19:00 horas