I Seminario Internacional de Estudos Lingüísticos. Galego e Portugués: o pasado presente

04/06/2019 Volver

A Xunta de Galicia, o Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Fluminense (Brasil) e a Universidade de Santiago de Compostela, entre outras entidades, organizan este congreso que persegue crear un espazo destinado á reflexión, á discusión e á difusión da investigación sobre o galego e as diferentes variedades do portugués, centrándose fundamentalmente nas abordaxes baseadas no uso.

O programa do seminario inclúe conferencias, minicursos, mesas redondas e simposios.

Lugar: Campus do Gragoatá – Niteroi (Brasil)

Días: 5, 6 e 7 de xuño de 2019

Horas: 8 a 19:00