I Xornadas Culturais Camiño de Santiago no Centro de Estudos Galegos de Granada

11/02/2020 Volver

O Centro de Estudos Galegos de Granada organiza unhas xornadas, non só para dar a coñecer aspectos históricos do Camiño de Santiago, senón tamén para promover un lugar de encontro que permita compartir experiencias e consellos ou axude a ser un peregrino responsable co contorno. Neste labor colaboran antigos alumnos e alumnas e outros asociados do departamento de lingua galega que falarán das súas vivencias e de como alongaron a súa estadía en Galicia grazas á ampla oferta de turismo, que sobarda os límites do propio Camiño.

As xornadas terán lugar na Aula 6:

Martes, 18 de febreiro. 12:30 horas. Camiños. Inicación e intercambio de experiencias.

Mércores, 19 de febreiro. 15:30 horas. Impacto socio-cultural dos camiños.