IV Simposio Norteamericano de estudos galegos

23/03/2020 Volver

O tema para este ano do encontro de galicianistas norteamericanos, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é: “Encontros transnacionais: do Camiño de Santiago á globalización neoliberal.” Como en simposios anteriores, as propostas poden abordar, entre outros, os seguintes temas de interese: lingua galega, lingüística, literatura e arte, estudos de xénero, educación, historia e política, tradución, globalización e migración, identidade, medio ambiente e teoría social.

Lugar: EUA, Lubbock, Texas Tech University

*Dadas as circunstancias de incerteza nas que nos encontramos por mor do Covid-19, o IV Simposio Norteamericano de Estudos Galegos que tería lugar do 5 ao 7 de novembro do 2020 na Universidade de Texas Tech (Lubbock, TX) vai ser aprazado. A nova data sería no outono de 2021.