Ilustrando a Carvalho Calero

12/05/2020 Volver

O Centro de Estudos Galegos de Madrid proponlle a todas as persoas interesadas unha actividade para celebrar as Letras Galegas durante o mes de maio.

Consiste en ilustrar cunha imaxe un texto de Carvalho Calero e compartilo nas redes sociais. Como axuda, ofrecen unha escolma que sen dúbida axudará a difundir a obra do autor a quen se lle rende homenaxe o 17 de maio de 2020.