En conversa con Raquel Miragaia

22/02/2021 Volver

O John Rutherford Centre for Galician Studies da Universidade de Oxford presenta "En conversa con Raquel Miragaia". 

María Liñeira e Ana Salgado falarán coa narradora Raquel Miragaia, que vén de publicar o seu romance Tempo Tardade. Falarase de escritura, casas de aldea, hortas, viaxes e moito máis. E tamén haberá ocasión para que as lectoras e lectores lle fagan preguntas á autora.

A actividade será por Zoom. Cómpre rexistrarse de balde en Eventbrite. O día da actividade, as persoas rexistradas recibirán unha ligazón para a reunión de Zoom e un contrasinal.

Data: Venres 26 de febreiro de 2021 de 17:00 a 18:30 GMT (hora británica e portuguesa; e de 18:00 a 19:30 hora galega)

Lugar: Zoom (Rexistro previo: https://www.eventbrite.co.uk/e/en-conversa-con-raquel-miragaia-ceg-oxford-zoom-1700-gmt-tickets-139839809635)