Galicia-Metraxes

29/03/2021 Volver

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Sorbonne Nouvelle, París (Francia) convida a participar na terceira edición do seu particular Festival de curtametraxes galegas: Galicia-Metraxes.

O Festival iniciarase coa colaboración de Samuel Lema, guionista, produtor e director de curtametraxes e de arte de películas tan coñecidas como O que arde de Óliver Laxe. Recentemente, Lema gañou o premio da Academia do audiovisual galego, Mestre Mateo, pola dirección artística desta película.

Samuel Lema realizará un breve percorrido da historia do cinema galego, centrándose nos novos comportamentos cinematográficos de Galicia dende o 2005, ano clave para o noso cinema.

Data: 2 de abril

Hora: 14:00 h.