Letras Galegas 2021: Unha sorte de anarquía. A traxectoria vital e poética de Xela Arias

16/04/2021 Volver

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco convida a profesora da USC María Xesús Nogueira a dar un relatorio arredor da figura e obra de Xela Arias, homenaxeada neste ano 2021 co gallo do Día das Letras Galegas.

A actividade está aberta a toda persoa interesada na poesía e cultura galegas ou na literatura de linguas minorizadas.

Emisión o 16 de abril ás 11:00

Ligazón: https://eu.bbcollab.com/guest/d92dadc0f4764e0e8634c60120912b4c