Un mundo, moitas miradas

16/04/2021 Volver

Ciclo de cine organizado polo lectorado de galego do Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco en colaboración cos restantes lectorados da Facultade de Letras. Os filmes difundiranse en versión orixinal.

O ciclo inclúe a proxección de María Solinha, do cineasta galego Ignacio Vilar.

Días 19, 20 e 21 de abril, na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco.