Jornadas 2021 Letras Galegas

11/05/2021 Volver

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Estatal do Río de Xaneiro (UERJ), Brasil, organiza unhas xornadas arredor de Xela Arias.

Ademais de diversas conferencias sobre a obra da poeta de Sarria, este encontro incluirá unha homenaxe á profesora María do Amparo Tavares Maleval, creadora do Programa de Estudos Galegos da UERJ.

Celebraranse en Internet (bit.ly/letrasgalegas21) entre os días 17 e 21 de maio