Obradoiro de tradución de poesía de Weiden

15/10/2021 Volver

Quinta edición destas xornadas organizadas, co apoio do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, do Instituto Ramón Llull e do Instituto Vasco Etxepare, pola Cátedra de Lingüística e Translatoloxía das linguas ibero-románicas do departamento IALT da Universidade de Leipzig.

Desta volta, contarase con Lucía Aldao, Pol Guasch e Eva Pérez-Pons como poetas convidados, así como coa participación de tradutoras e tradutores de diferentes linguas europeas.

O obradoiro de Weiden naceu en 2017 coa intención de establecer un punto de encontro e un lugar de traballo no que se traduzan e se dean a coñecer as obras de poetas das literaturas galega, vasca e catalá.