Semana das Letras Galegas da Universität Leipzig

11/05/2022 Volver

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2022, dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, contará coa presenza da tradutora e poeta galega Tamara Andrés Padín.

As actividades estarán repartidas en tres días, do 17 ó 19 de maio, e todos os eventos se realizarán en formato híbrido, para permitir a participación tanto do alumnado da propia universidade como externo.

Programación

Martes 17 de maio

15.15 -16.45 h: Día das Letras Galegas. Introdución e importancia. Sheila Gondar Tubío. NSG S125

Mércores 18 de maio

13.15 – 14.45 h: Vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Tamara Andrés. NSG S203

Xoves 19 de maio

11.15 – 12.45 h: Obradoiro de tradución poética. Tamara Andrés. NSG S115

Máis información nas redes sociais do CEG de Leipzig: @galegoenleipzig