Os rostros do exilio

16/05/2022 Volver

Actividade do CEG da UAlg. Panel temático que se celebrará na Librería FNAC de Faro o venres 20 de maio, ás 18:30h (hora de Lisboa).

O panel contará con 3 conferencias: "O labor dos intelectuais galegos no exilio" (Claudia Mariño), "Luis Buñuel no exilio" (Miriam Tavares) e "A expresión artística dos galegos no exilio" (María Jesús Botana Vilar), que xiran derredor do importante labor cultural desenvolvido polos intelectuais galegos (e españois) no exilio, con especial atención ao traballo de Florencio Delgado Gurriarán.