Letras Galegas 2022 na Habana

18/05/2022 Volver

Actividade do CEG da Universidade da Habana. A Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana organiza un programa de actividades coincidindo coa semana das Letras Galegas 2022. Será o mércores 18 de maio, de 2 a 4 pm, organizada pola Cátedra de Cultura Galega, no marco do 30 aniversario da súa creación.

Para o día 21 de maio, está prevista a colaboración do alumnado da Cátedra Gálega na celebración que se levará a cabo no Antigo Palacio do Centro Galego da Habana, que celebra a Agrupación de Sociedades de Municipios e Parroquias de Galicia na Habana.