Letras Galegas 2022 en Oxford

18/05/2022 Volver

Actividade do CEG de Oxford.

  • 19 de maio, 13:00 (Reino Unido): María Geremías (UDC) falará ao alumnado do centro sobre a efeméride das Letras Galegas e o seu impacto no campo editorial, o tema do seu Traballo de Fin de Grao. O acto será online e poderase acceder a el a través desta ligazón.
  • 20 de maio, 19:00 (Reino Unido): proxección do documental A poeta analfabeta de Sonia Méndez, en colaboración co Galician Film Forum. O acto terá lugar en persoa no Shulman Auditorium do Queen's College.
  • 23 de maio, 17:00 (Reino Unido): Miro Villar presentará a vida e a obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. O acto será online e poderase acceder a el a través desta ligazón.