San Xoán en Leipzig

21/06/2022 Volver

Actividade do CEG da Universidade de Leipzig.

O próximo xoves 23 de xuño ás 19:00 horas, o CEG da Universidade de Leipzig realizará unha actividade cultural/gastronómica con motivo da celebración de San Xoán.

Xuntarémonos co alumnado no Parque botánico da universidade para buscar as sete herbas da auga de San Xoán e ofreceranse diversas sobremesas típicas galegas. Tamén se levará a cabo o habitual Stammtisch, neste caso falando sobre os costumes desta festividade en Galicia.