Coma todos os anos, o 2 de decembro a Universidade de Leipzig ofrece tres minicursos de galego, éuscaro e catalán para celebrar o seu aniversario e a súa xornada de portas abertas.
Así mesmo, e con motivo do seu 613° aniversario, a institución presentou un interesante e variado programa para o Dies Academicus, que este ano se celebrará novamente de maneira presencial.
Este programa está aberto a todas aquelas persoas que desexen participar na celebración da universidade e aprender un pouco de éuscaro, galego e catalán desde calquera parte do mundo. O programa pode consultarse en alemán na seguinte ligazón: https://www.uni-leipzig.de/dies/. A aula de galego, éuscaro e catalán impártese nestoutra: https://meet.uni-leipzig.de/b/orb-t0z-iwd-kea